Co medio ambiente

Ahora Viaqua es Veolia. Nuestros compromisos medioambientales para una gestión del agua más sostenible.

Desenvolvemos solucións que impulsan un uso eficiente da auga, co claro obxectivo de preservala como recurso esencial. Como resposta á transformación ecolóxica e xusta que nos permita afrontar os diferentes retos aos que nos enfrontamos como sociedade (o cambio climático, a desigualdade, a necesidade de preservación de recursos e ecosistemas) apostamos por promover a economía circular e rexenerativa como modelo máis sostible e respectuoso co planeta.

Por iso, achegamos medidas de adaptación e mitigación para mellorar a resiliencia dos territorios fomentando a adaptación, a descarbonización e un modelo de economía circular que permita optimizar o uso de recursos, que aumente a resiliencia das nosas cidades e contornas.

Apostamos decididamente pola rexeneración dos ecosistemas, incluíndo a reutilización da auga como a solución de maior relevancia ante o contexto de escaseza hídrica. É un dos xeitos máis sostibles de preservar a natureza, protexer os recursos subterráneos e adaptarse aos efectos do cambio climático.

Protexemos e recuperamos os espazos naturais, preservando a biodiversidade local no día a día da nosa xestión operativa, fomentando unha maior sensibilización e coñecemento entre o noso equipo profesional e a cidadanía.

Achegamos solucións concretas ante o desafío do cambio climático

Comprometémonos coa xestión sostible da auga e a preservación do medio ambiente, promovendo solucións tecnolóxicas e poñendo en práctica os últimos avances en rexeneración e reutilización, conscientes da súa relevancia ante o contexto actual.

Auga, biodiversidade e comunidades

Estratexias para un futuro sostible

Adaptación e mitigación

Impulsamos tecnoloxías, solucións e medidas para reducir as emisións das nosas actividades e mitigar as vulnerabilidades provocadas polos efectos do cambio climático, conservando e restaurando os ecosistemas clave no ciclo da auga.

Rexeneración e preservación da auga

Apostamos por darlle unha “nova vida” á auga a través da reutilización das augas residuais para novos usos en cidades, agricultura e industria, promovendo a transformación das nosas instalacións en ecofactorías, establecendo modelos circulares, preservando os recursos e valorizando os residuos.

Protección da biodiversidade

Promovemos o coidado, restauración e rexeneración dos ecosistemas naturais. Para iso, impulsamos infraestruturas verdes integradas na súa contorna natural e que favorecen as súas funcións ecolóxicas e a biodiversidade local, así como solucións baseadas na propia natureza.

Creación de comunidades sostibles

Contribuímos a crear comunidades con persoas capaces de construír un futuro sostible máis resiliente e respectuoso co planeta e coa auga. Levamos a cabo programas, visitas a instalacións e accións que buscan a sensibilización e concienciación do noso persoal, colaboradores e cidadanía ante os desafíos medioambientais.