AVISO: Problemas de subministración de auga en Neda
Por mor da seca, o río Belelle deixou de abastecer a ETAP de Neda e a pesar do apoio alternativo dende Narón haberá cortes de auga en varias zonas nos vindeiros días, con restablecemento progresivo.
Zonas afectadas: Puntal de Arriba, A Silva, Fábrica do Monte, Mourelas, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, Roxal, San Antonio, Vilar e Forxa.
Medidas adoptadas:
- Transporte de auga en cisternas dende concellos veciños.
- Punto de auga potable a disposición da poboación afectada nas inmediacións do centro de saúde.
- Execución de subministracións alternativas.
Pedimos un uso responsable da auga e a adopción das medidas xa comunicadas polo Concello.